En '''Tratado sobre a tolerancia''' Francois-Marie Aroue,Voltaire(1694 -1778),usando unha prosa directa e diáfana,e xogando coas comparacións,lévanos ao mundo das sociedades clásicas anteriores ás cronológicas da era cristiá,impulsado polo seu espíritu de denuncia sobre o modo de facer xustiza no século XVIII,recórdanos por exemplo,que na Grecia antiga a xustiza era levada a cabo con moitísimo mais rigor e nun conxunto mais democrático e de consideración cara ao reo,nunha clara denuncia do retroceso que,segundo el,pódese observar na historia coa imposición da moral e poder absolutista das relixións monoteístas,en contraposición co antigo paganismo e o culto a varios deuses.(Reseña:xurx@erencia)
"Parece que,cando se trata dun parricidio e de condenar a un pai de familia ao mais espantoso suplicio,o xuízo debería ser unánime,porque as probas dun crime tan inaudito deberían ser unha evidencia perceptible para todo o mundo:a menor dúbida nun caso semellante debe bastar para facer tremer a man de un xuíz que se dispón a asinar unha sentenza de morte.A debilidade de nosa razón e a insuficiencia das nosas leis se deixan notar todos os días, pero,¿en qué ocasión descóbrese mellor a sua defectuosidade que cando a preponderancia dun só voto fai morrer no suplicio da roda a un cidadán? En Atenas necesitábase unha maioría de cincuenta votos para ousar dictar unha sentenza de morte.¿Qué dedúcese disto? Que sabemos,moi inútilmente,que os gregos eran mais sensatos e mais humanos que nós".(De Tratada sobre a Tolerancia_Voltaire_1767)
Noutra parte do libro Voltaire volve fornecer o xogo da dialéctica literaria nun marco comparativo,neste caso nun crebo de identificacións entre dous filósofos da historia,deixándonos breves pero directas e extraordinarias, pequenas pinceladas de simétricas formas de entender a ensinanza do vivir,o espíritu que dimana da conciencia firme,a búsqueda no coñecemento compartido,en pura dialéctica de palabra de vida e ensinanza,escravos do seu propio tempo vivido na nosa historia.(Reseña:xurx@erencia)
"Si ousamos comparar o sagrado con o profáno e a un Deus cun home,a súa morte,humanamente falando,ten moita relación coa de Sórates.O filósofo grego morreu a causa do odio dos sofistas,os sacerdotes e os principais do pobo:o legislador dos cristiáns sucumbiu ao odio de escribas,dos fariseos e dos sacerdotes.Sócrates puido evitar a morte e non quixo:Jesucristo se ofreceu voluntariamente.O filósofo grego non só perdoa aos seus calumniadores e aos seus xuíces inicuos,senón que lles pediu que tratasen un día áos seus propios fillos como a el mesmo,si estos eran o bastante afortunados para merecer o seu odio,como a el.O legislador dos cristiáns, infinitamente superior,pediu ao seu Pai que perdoase aos seus inimigos.Si Jesucristo parecia temer a morte,si a angustia que sentiu foi tan extremada que lle produciu unha suor mesturada con sangue,o que constitúe o síntoma mais violento e mais raro,é porque se dignou rebaixarse a todas as debilidades do corpo humano que foran revestidas.O seu corpo tremía e a súa alma era inquebrantable;nos ensinaba que a verdadeira forza,a verdadeira grandeza,consisten en soportar uns males baixo os que sucumbe a nosa natureza.Hai un valor extremado en correr cara á morte teméndola.Sócrates tratara aos sofistas de ignorantes e os deixara como convictos de mala fe:Jesús,usando dos seus dereitos divinos,trata a escribas e aos fariseos de hipócritas,de insensatos,de cegos,de malvados,de serpes,de raza de víboras".(De: Tratada sobre a Tolerancia_Voltaire_1767)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Voltaire